A asociación Coruña sen Teito trasladou a Podemos Coruña a problemática das persoas
sen fogar na cidade para tratar de desenvolver un proxecto que dese solución a esta
situación de inxustiza extrema.
As premisas iniciais coas que traballamos foron centrarse no dereito á vivenda como un
dereito fundamental recoñecido pola Constitución, fuxindo de formulacións meramente
asistenciais. As persoas sen fogar o que necesitan prioritariamente é unha vivenda para
poder desenvolverse como persoas en toda a súa dignidade persoal.
Tamén analizamos que as alternativas actuais non están a dar unha solución que de
verdade solucione o problema e responda as necesidades reais das persoas sen teito.
Por outra banda consideramos inadecuado concentrar a estas persoas en espazos
concretos, o que as estigmatizaría ante o resto da cidadanía.
O primeiro traballo foi realizar, en colaboración con Coruña sen Teito, un censo das
persoas afectadas de maneira crónica na cidade, detectándose que nos diriximos a unha
poboación da contorna ás 50 persoas.
A partir de aí investigamos os proxectos máis exitosos a nivel estatal e internacional e
determinamos que a mellor opción desde o punto de vista dos resultados a medio prazo e
da verdadeira dignificación das afectadas era o método Housing First.
Housing First é un modelo innovador que desenvolve unha forma diferente de afrontar o
senfogarismo: facilitar vivendas accesibles e con carácter permanente ás persoas sen
fogar que se atopan en peor situación.
Esta metodoloxía innovadora consigue un nivel de éxitos na integración das persoas sen
fogar sen precedentes.
Está textada e en vigor en moitos paises do mundo e estase a desenvolver neste
momentos en varias cidades de España como Madrid, Barcelona, Córdoba, Móstoles,
Valencia ou Málaga.
O modelo Housing First foi desenvolvido na década dos noventa polo psicólogo Sam
Tsemberis da ONG neoyorkina “Pathways to Housing”. A súa idea principal é que a
vivenda é o primeiro que debemos facilitar ás persoas, ademais de apoio que lles axude a
manterse nela. Os programas que se levaron a cabo baixo este enfoque ofrecen
resultados moi positivos, destacando que máis do 80% das persoas manteñen a vivenda
despois de dous anos. Ademais, Housing First ofrece mellores resultados e non supón un
maior custo que o modelo tradicional, albergues ou centros sociais, ofrecendo unha
alternativa eficaz e eficiente, que complementa os servizos que prestan as redes de
atención para as persoas con maiores dificultades. Supón ademáis unha reducción moi
importante da burocracia que precisan os modelos tradicionais de asistencia social.
A vivenda é, a todolos efectos, da persoa que reside nela o que incrementa a autoestima
e a responsabilidade, facilitando de maneira moi salientable a solución a outras
problemáticas ou patoloxías das persoas afectadas e acelera a sua capacidade de
inclusión na sociedade.
Durante todo o desenvolvemento do proxecto un equipo profesional da seguimento e
apoio para axudarlles a resolver os problemas cotidiáns que se poden encontrar como
calqueira outro cidadán.
Podemos Coruña a través do seu Grupo de Traballo de acción social “A Pé de Rúa” en
colaboración coa Fundación Rais e o Proxecto Hábitat ven de desenvolver una iniciativa
adaptada a cidade de A Coruña baseada na metodoloxía Housing First. O Proxecto
presentouse ao Concello que recibiuno e valorou moi positivamente. Esperamos que se
poda comezar a implantar de maneira inmendiata co obxetivo de ter resultados nun curto
plazo de tempo e poñer as bases para solucionar estas situacións intolerables nunha
sociedade como a nosa.