Medio Ambiente reservou cada ano na última década a mesma cantidade e non o executou. A conselleira Beatriz Mato estaría mellor calada cando fala do millón para a dragaxe da Ría do Burgo.
O Ministerio de Medio Ambiente di que falta a emisión da Declaración de Impacto Ambiental, farase en dous anos pero non se sabe cando vai comezar.
Mentres o sector do marisqueo segue expoñéndose a unha situación tráxica, o asunto atópase entre o goberno central (Ministerio de Medio Ambiente) e a Xunta polas súas competencias en marisqueo.
Queren saber que fará a Xunta para simultanear a dragaxe e o marisqueo. Cómo se compatibilizarán a limpeza e o faenar? A Conselleira debería alonxar a súa frivolidade e mostrar preocupación polo futuro das cen familias que traballan na ría.