O tempo que o pon todo no seu sitio, troúxonos unha vez máis ao Nadal.
Moitas familias celebrarán a Noite Boa, outras o solsticio do inverno, outras terán pouco que celebrar e outras celebrarán o que se lles poña por diante.
Para todas elas o noso agarimoso afecto nestas datas nas que todas e todos coincidimos en algo: o seu carácter entrañable.
Dende Podemos A Coruña, en nome de aqueles que xa están e cas portas abertas para quen ainda falta, queremos felicitarvos nestes momentos que esperamos estean á altura dos vosos desexos.
Lembremos o consumo responsable no comercio de cercanía e do comercio xusto; lembremos a fraternidade e a solidariedade a practicar todo o ano e lembremos que agasallar con criterios de Igualdade é unha lección de vida.
Felices festas!!!!