Nos últimos 30 anos houbo cinco reformas que regulaban a educación segundo a ideoloxía do Goberno de turno e sen contar coa comunidade educativa para desenvolver unha reforma que lle dese certa estabilidade ao sistema educativo, tan determinante para a nosa sociedade.
Analizando a actual “Lei orgánica para a mellora da calidade educativa” (LOMCE), saientamos a frase lapidaria coa que dá comezo: “a educación é o motor que promove a competitividade da economía e o nivel de prosperidade dun país”. É decir, o obxectivo prioritario desta lei é mellorar a economía en lugar de priorizar o crecemento persoal e cultural das alumnas o os alumnos.
A LOMCE dalle aos resultados unha grande importancia, apartando por completo aos procesos. Iso podémolo observar nas novas avaliacións externas que se realizan en distintos cursos. Os resultados obtidos nestas probas serven para clasificar ás alumnas e alumnos nos distintos centros. Por exemplo, con esta lei as consecuencias serían catastróficas para unha alumna de 4º de ESO que suspendese a reválida, xa que non lle quedarían mais opcións que matricularse en FP básica ou quedarse na casa. Tampouco sería mellor no caso de que quen suspendese fose un alumno de bacharelato, que non podería acceder á universidade nin aos ensinos artísticos superiores, aínda que no caso de aprobar tampouco estaría garantida a súa entrada na universidade xa que a LOMCE abre a porta a que as universidades apliquen probas de selección propias.
Estes datos indican que o que se pretende con esta lei non é mellorar a calidade educativa e cultural, senón máis ben conseguir resultados que son bos baixo os criterios dos diferentes informes internacionais pero que nada din sobre a calidade do ensino. Tampouco pretende a LOMCE buscar que todas as alumnas e alumnos teñan as mesmas posibilidades, senón máis ben facer que o alumnado con menos recursos se incorporen canto antes ao precasísimo mercado laboral, tal vez para enmascarar o saqueo ao que foi sometido o peto das pensións hipotecando o futuro da nosa mocidade. É unha lei mezquina e hipócrita que converte ao alumnado en números e non en persoas e que, ademáis, empeorará a problemática da crise social e económica actual ao sumar máis parados e non máis traballadores, pois non ofrece unha solución real e eficiente á terrible situación que atravesamos e condena a un futuro incerto ao alumnado máis vulnerable.
Polos anteriores motivos, Podemos A Coruña apoia a folga convocada polos estudantes, nais e pais para o vindeiro mércores 26 de outubro en contra da LOMCE e a favor dunha educación pública, gratuita e de calidade na que ninguén se quede atrás e coa que todas as alumnas e alumnos conten coas mesmas posibilidade