Silvia Viñuelas Vázquez

Silvia Viñuelas Vázquez

Silvia Viñuelas Vázquez

Biografía
Chámome Silvia Viñuelas Vázquez. Nacín fai 44 anos na cidade de A Coruña, no populoso barrio dos Maios. Casada e nai de 2 fillos e unha filla que son o motivo polo que decidin dar un paso adiante cando naceu o proxecto político Podemos.

Formeime como administrativa, rama na que desenvolvín case toda a miña vida laboral.
Son además titulada en Técnico Superior en Riscos Laborais.

Procedo ademais da experiencia de ser autonóma, esa “rara avis” do noso país que soporta insufriblemente sobre as súas costas, toda a presión que supón montar e xestionar unha pequeña empresa. No meu caso, una tenda informática que non fun capaz de manter nun momento de marexada entre a crise e de delicada saude persoal.

Motivación
Formei a miña familia numerosa, onde intento inculcar aos 3 fillos que teño, que a cada problema se lle busca unha solución. Sei ben das inquietudes e sacrificios das autónomas e autónoms, como ex empresaria. E dentro de ese mundo aprendín que as solucións no dependen as veces das accións personais. Que as reivindicacións colectivas son imprescindibles.

Na actualidade, vendo os difíciles momentos que nos está tocando vivir como cidadá, como nai, como muller, decidín que podo poñer o meu compromiso, actividade e coñecemento para reverter o fracaso democrático actual. Por iso din os primeiros pasos nesta cidade, para traballar dende o principio en Podemos. E vendo ilusión en xentes moito máis frustradas ca min, sei que si eu podo, xuntos e xuntas, Podemos.

Desde ese convencemento son membro do CCM de Coruña.

Actualmente son responsable da Area de Redes, onde apoiada por un estupendo equipo de traballo, mantemos dinámicas as ferramentas telemáticas da nosa cidade.