Biografía
Aos 21 anos tituleime como Enxeñeiro Superior Industrial no ICAI e comencei a traballar no sector eléctrico onde cheguei a ser director de mantemento de centrais hidráulicas de Unión Fenosa aos 26 anos. En 1988 realizo un master europeo de produción audiovisual e decido facer unha gran aposta: abandoar Unión Fenosa para tratar de axudar a desenvolver unha industria audiovisual propia en Galicia. Naquel momento a moitos lles pareceu unha tolemia.
Desde entón producín 45 longametraxes que obtiveron 36 nomeamentos e 6 premios Goya entre outros moitos premios e centeares doutros formatos televisivos: series, documentais, publicidade, etc.
Todos estes proxectos nos que colaborei en Galicia, conseguindo acceder a mercados nacionais e internacionais, supuxeron a creación de máis de 10.000 postos de traballo, dando a súa primeira oportunidade no audiovisual a moitos mozos que agora son grandes actores, produtores, técnicos e guionistas.
Motivación
A miña motivación para estar en Podemos é que síntome na responsabilidade de colaborar no cambio de modelo produtivo do noso país para posibilitar que haxa saídas profesionais para os xóvenes nun momento no que están a ter que emigrar de maneira masiva.
E penso que o mellor sitio desde onde facelo é desde Podemos que ten no seu ADN a loita polo ben común e contra a desigualdade, que considero a maior secuela do sistema actual.
Convenceume pola súa transversalidade e a súa aposta pola transparencia, a participación e a rendición de contas. Creo que formamos o mellor equipo para defender as políticas que Galicia necesita.