Biografía
Aínda que nacín en Madrid, vivo na Coruña dende que tiña cinco anos. Nai de tres coruñeses, a maior parte da miña traxectoria profesional exercina como asesora independente. Membro de Economistas sen Fronteiras, voluntaria de Dar al Baraka (Marrocos, nunha casa de acollida de discapacitados psíquicos, centro de integración de menores e dispensario gratuíto), voluntaria e activista de Oxfam Intermon, considero que a actividade social é fundamental na vida da cidadanía.
A experiencia con empresas, asociacións, fundacións e traballadores dende a miña actividade profesional empurroume sempre a loitar polo ben común e abrigo polos dereitos dos que menos teñen e mais necesitan.
Móveme a loita contra inxustizas das leis que só favorecen ao que non o necesita, móveme a impotencia de ver que a Axuda ao Desenvolvemento e a Cooperación Internacional se afunden en mínimos insoportables, móveme ver o abandono do rural galego, móveme a extrema necesidade invisible, móveme a exclusión social (que se está a converter en maioría) e, en fin, móveme a convicción de que as cousas poden facerse doutro xeito..
Dende esas inquedanzas e bagaxe son responsable do Area de Finanzas do Consello Cidadá da Coruña.
Motivación
Nunca militei en ningunha forza política pero non tiven un momento de dúbida cando se convocou a primeira reunión na cidade de cara a preparar a candidatura europea de PODEMOS. Era o momento, É o momento de organizarse politicamente para poñer sensatez, para comezar este proxecto ilusionante de cidadáns facendo política e non só votando.
Todos estes meses de traxecto estiveron cheos de xente con gañas, querendo saber, formándose e informándose, unha cidadanía decidida a que os intereses públicos estean por enriba dos privados.
Dende o Consello Cidadán Municipal só somos as voces e os instrumentos para seguir recollendo e oíndo de forma continuada ás coruñesas e coruñeses que ata agora só foi tida en conta cada catro anos.