María Moar Loira

María Moar Loira
María Moar Loira

María Moar Loira

Biografía

Nacín na Coruña hai xa 27 anos, cidade na que vivín ata que fun a estudar Historia á Universidade Complutense de Madrid. En Madrid vivín 5 intensos anos nos que me decidín a ampliar os meus estudos de Historia coa carreira de Ciencias Políticas e da Administración, decisión que produciu que a partir deste momento sempre tivese que conciliar entre varias actividades ao mesmo tempo. Unha vez terminei o Máster de Formación do Profesorado en Santiago de Compostela (con especialidade en Ciencias Sociais), a crise levoume a traballar no sector téxtil e como aupair en Irlanda, experiencias ambas que me enriqueceron profundamente. Actualmente, atópome terminando o meu Traballo de Fin de Grao de Ciencias Políticas e preparando o Advanced Level na Escola de Idiomas.

Motivación

Tras formar parte dun dos círculos da Coruña e ser membro do Consello Cidadán Municipal da Coruña, na actualidade son cargo electo do Consello Cidadán Autonómico co compromiso de traballar con ilusión pero sobre todo coa responsabilidade que require un momento tan crucial como este.

A uns meses de ter a posibilidade de devolverlle as institucións á cidadanía e de facer políticas que permitan un futuro digno para ese 99% das galegas e galegos, atopámonos nun momento de construción rápida dunha alternativa ao goberno de Feijoo na que a eficacia e a eficiencia son imprescindibles para o proceso da acumulación de forzas que necesariamente debe pechar este acelerado proceso de cambio político que comezou en maio do 2015 coa chegada das mareas municipais aos concellos, continuou co resultado histórico de En Marea o 20 de Decembro e que finalizará cando gañemos a Xunta de Galicia.

Sigo pensando, como desde o primeiro momento, que PODEMOS é unha ferramenta para o cambio, un instrumento que a cidadanía debemos usar para poñer no centro do taboleiro as cuestións que realmente nos importan.

Seguimos.