María Antonia Trillo Blanco

María Antonia Trillo Blanco

María Antonia Trillo Blanco

Biografía
Nacín na Coruña, estudei na Universidade de Santiago, licenciada en Filosofía e CC da Educación e doutorada en Socioloxía, completei os meus estudos de doutorado na Universidade de Kent, en Canterbury. Para acceder ó mercado laboral, ampliei a formación con algúns másters, un deles en estudos sobre a Unión Europea. A miña experiencia laboral é ampla, afortunadamente como a miña idade. Traballei na Obra Social da Caixa Galicia, e máis tarde no Instituto Social da Mariña, o Goberno Civil da Coruña onde puiden desenvolver a miña experiencia na investigación social e especialmente na investigación de carácter cualitativo; máis tarde traballei na Consellería de Traballo e durante 20 anos o fixen na Fundación de Formación e Emprego de CCOO, pódese dicir que con experiencia laboral en investigación social, investigación en programas da Comisión Europea, docencia e xestión.

Dende fai uns anos formo parte do grupo Compostela de Estudos sobre Imaxinarios Sociais da Facultade de Políticas da USC.

Motivación
Os acontecementos de marzo de 1972 en Ferrol (dous obreiros de Bazán asasinados por disparos nunha manifestación) provócanme a iniciar unha militancia política na esquerda. As miñas crenzas baséanse en chegar a conquerir, entre todas e todos, unha vida máis igualitaria, máis xusta. Creo firmemente nun cambio social pacífico promovido por unha base social moi ampla, por iso nestes momentos confío en que o proxecto de PODEMOS poida chegar a ser ese instrumento que moitos de nós esperábamos con ilusión.

Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan
decir que somos quien somos,
nuestros cantares no pueden ser sin pecado un adorno.
Estamos tocando el fondo.
Maldigo la poesía concebida como un lujo
cultural por los neutrales
que, lavándose las manos, se desentienden y evaden.
Maldigo la poesía de quien no toma partido hasta mancharse.

Gabriel Celaya