Luis Medardo López Díaz

Luis Medardo López Díaz

Luis Medardo López Díaz

Biografía
Nacín en Ferrol hai 57 anos e vivín de mozo as loitas obreiras de 1972, que orientaron o meu pensamento cara ao socialismo, a solidariedade e o internacionalismo.

Son licenciado en Dereito pero nunca exercín, posto que deseguida aprobei unas oposicións para o INEM e tras un breve paso pola Administración, renunciei ao meu posto para integrarme na ONCE, que naqueles momentos iniciaba un proxecto tamén ilusionante.

Para esta organización traballei dende entón, ocupando o posto de Administrador da Imprenta do Cupón en Madrid, primeiro e dende o ano 1991 como Xefe Administrativo na Delegación Territorial da Coruña, onde continúo. Durante algúns anos fun presidente da Coordinadora de Durmideiras, asociación de carácter asembleario formada nese barrio para tratar co Concello a solución a problemas típicos dos barrios de nova creación.

Uninme ao primer Circulo da cidade inmediatamente despois das eleccións europeas e dende entón dedico todo o meu tempo dispoñible, ilusión e esforzo a este proxecto. Agora xa como membro electo do Consello Cidadá da Coruña, onde ademais de asesoramento legal, exerzo aquelas labouras que se me encomendan.

Motivación
Politicamente son o paradigma do efecto podemos: aínda que o meu voto sempre foi para o PSOE, vía a política como algo alleo á miña vida privada, enchida da miña familia, o traballo, e os amigos.

O Movemento do 15 de maio de 2011 fixo caer o veo dos meus ollos, e despois, como moitos compatriotas, desesperábame comprobar que todo era e estaba moito peor do que se dicía e ademais parecía non haber saída nin solución: sempre as mesmas caras, as mesmas mentiras, as mesmas risas dos corruptos e inútiles mofándose de nós.

Estamos a vivir un momento de emerxencia, ou ben reconducimos a nosa democracia cara a un novo pacto social, no que os de abaixo teñan garantido as oportunidades e apoios necesarios para mellorar a súa situación e a dos seus fillos ou os de arriba converterannos nunha horda de excluídos pelexando entre nós polas faragullas que caian dá súa mesa.

Todo o que a xente corrente conseguiu dende o final da II Guerra Mundial está en risco: a separación de poderes, a sanidade pública e gratuita, a educación universal e de calidade.

Non seremos dignos de chamarnos persoas se permitimos que nolo arrebaten todo sen defendelo. Esa é a miña motivación para estar en Podemos.