Biografía
Nacín na Coruña hai 50 anos no barrio de Labañou. Creo que iso supón a miña primeira definición: familia modesta, raíces humildes, contorno sinxelo. Probablemente iso tamén define un modo de vida.
A miña infancia será sempre un refuxio de recordos con olor a mar, a un mar embravecido que nunca me canso de mirar e que me ensinou a nadar a contracorrente, a bracear cando as cousas póñense difíciles.
Estudei na escola do meu barrio, unha especie de barracóns que se converteron, o ano que rematei a EXB, no magnífico colexio público Emilia Pardo Bazán.
Pasei polo Instituto Eusebio da Guarda onde saboreei, sen espremer todo o xugo, o pracer de aprender. As circunstancias familiares esixíano: púxenme a traballar. A crise dos 80 entrou como un ciclón na miña casa.
Despois de 10 anos traballando nun comercio téxtil coruñés en condicións asfixiantes, decidín presentarme a oposicións. “Subvencionada” polo INEM pasei ano e medio encerrada nun temario e unha academia que me levaron a aprobar case simultaneamente 4 prazas en diferentes administracións.
Así me convertín en administrativa do SERGAS e ao entrar nesta institución, leal servidora e férrea defensora da sanidade pública. Nela ademais exercín de representante sindical electa durante máis de 10 anos, secundando todo tipo de movilizacións pola mellora das condicións laborais e sobre todo, en contra do continuo ataque ao sistema sanitario.
Durante este tempo casei, tiven 2 fillas e obtiven o título de Técnico Superior de Administración.
Motivación
Estou aquí para aportar o meu grao de arena. Alguén onte loitou polo meu. Pola miña liberdade como muller, como cidadá, como traballadora. Síntome agradecida e obrigada con esa herdanza. E nin vouna desbordar, nin quedar sentada mentres outros a dilapidan. Hoxe toca saír á rúa polos que o pasan peor. Organizarnos por conquistar o que sempre foi noso. Recuperar o noso presente e traballar por un futuro mellor. Traballar porque as institucións sexan xestionadas pensando no ben común. Sigo creendo que Podemos. Sigo a creer que debemos.