Fernando Quindimil

Fernando Quindimil

Fernando Quindimil

Biografía
Fai 50 anos, nacín en A Coruña e crieime no barrio dos Mallos. Son Diplomado en Enfermería e en Relacións Laborais pola Universidade da Coruña. Dende o ano 1987, traballei en distintas residencias de maiores da Xunta de Galicia. Tamén colaboro coma formador de adultos en risco de exclusión, dende o ano 2000, para ONGs coma Cáritas e a Fundación Juan Soñador (Proxecto Teranga).

Teño publicados tres manuais profesionais de coidado a dependentes no domicilio.

Segundo a xente que me coñece, son firme nas miñas conviccións, mais capaz de defendelas sen faltarlle ao respecto a ninguén. Considérome unha persoa con moita empatía, o que me fai conectar facilmente coas persoas que teñen problemas. Estou acostumado a traballar en grupo, e creo firmemente que si alguén non é capaz de facer unha autocrítica obxectiva, perde a oportunidade de mellorar coma persoa e profesional. A miña cita preferida é: “o día que deixas de aprender, comezas a morrer…”

Politicamente, son una persoa progresista de esquerdas, mais nunca estiven afiliado a ningún partido pois non sentin esa necesidade ata ver como as políticas pasaron a facerse de costas a cidadanía.

Motivación
Presénteime ao Consello Cidadán Municipal de Podemos A Coruña, porque creo firmemente no proxecto que desde Podemos estamos a levar a cabo. Xa estamos fartos de ver como nos fan a política sen ternos en conta. Agora non se trata de esquerdas ou dereitas. Cando usan estas etiquetas, o único que buscan é cortar todo debate político de fondo. Fuxamos dos clichés establecidos, porque agora o único que importa e salvar os dereitos e a dignidade que nos están roubando. Neste intre o importante de verdade é usar o senso común, para rescatar o NOSO PAIS das gadoupas dos políticos corruptos e ineficaces, que teñen secuestradas as nosas estruturas políticas e económicas, para usalas no seu beneficio.

Dende o Consello Cidadán da Coruña, apoio as tarefas relativas o sector que mellor coñezo e domino: o mundo sanitario. Convencido que cada esforzo que fagamos será o combustible que faga que este motor que xa se puso en marcha non só non se deteña senón que será o que propicie o cambio que tanta falta nos está facendo.