David Lagar Rey

David Lagar Rey
David Lagar Rey

David Lagar Rey

Biografía

Nacido na Coruña, levo vivindo nesta fermosa cidade durante os meus 28 anos de vida. Amante de Galicia e a súa xente decido dar un paso cara adiante para presentarme ao Consello Cidadán Galego de Podemos.

Como Diplomado en Maxisterio de Educación Física, cun Posgrao en Análise do Fútbol, ambos na Universidade da Coruña, e sendo Técnico Deportivo Superior en Fútbol (pola Universidade Laboral) así como Monitor de Tempo Libre, faise evidente a miña paixón polo ensino e o deporte, o primeiro como elemento fundamental de transformación, e o segundo como como medio de evasión e tamén de educación. Actualmente, son adestrador de fútbol mentres sigo formándome, preparando o B2 de inglés e as probas libres de TAFAD (Técnico Superior en Actividades Físico Deportivas).

Motivación

Atopámonos ante un momento histórico de recuperar a Xunta para a súa xente e reverter as políticas de recortes do Partido Popular que empobreceron á cidadanía galega e empurrando ao exilio a máis de 100.000 persoas na procura dun futuro mellor.

Desde o comezo de Podemos acheguei o meu granito de area nas redes sociais, primeiro como Responsable de Redes da Coruña e actualmente como Responsable de Redes de Galicia coordinando un equipo de máis de 90 persoas e situando a Galicia como referencia nas redes sociais no Estado español. Ademais, tamén formo parte do equipo estatal, onde xestionamos as contas con maior seguidores de toda Europa. Todo un orgullo para nós e para toda a xente que conformamos Podemos.

O meu desexo non é máis que o de continuar achegando o meu coñecemento e traballo, seguir arrimando o ombreiro, e cooperar na construción dunha fronte cidadá que nos permita poñer as institucións e a economía ao servizo da xente.